Fase 01 · Entender · Auditoría funcional
Coñecemos a túa empresa e como traballades
1. Sentamos coa dirección
Antes de lanzar ningunha ferramenta, entendemos a que vos dedicades, que ferramentas e provedores usades, que información é crítica e que pasaría se un sistema deixase de funcionar. E dicímosche desde o principio que revisaremos e que queda fóra.
2. Revisamos como traballades de verdade
Usuarios e accesos, contrasinais e dobre factor, altas e baixas, dispositivos, copias de seguridade, documentos, pagamentos e formación do equipo: máis de 50 puntos de control, nunha conversa e non nun exame.
Que obtés
Unha foto fiel de como se traballa e o voso nivel de madurez en ciberseguridade.







