Ir ao contido principal
Defentria
05

Roubo de contas

Contas e accesosEntra por: Contrasinais

Alguén entra no voso correo cun contrasinal roubado

Contrasinais repetidos, filtrados noutras webs ou sen dobre factor: abonda con un para que alguén entre no correo ou nas aplicacións da empresa e actúe coma se fose un de vós.

Mapa de ameazas

Como ocorre

  1. 1

    O contrasinal

    Conséguese por phishing, pola filtración doutra web onde se usaba o mesmo ou porque é fácil de adiviñar.

  2. 2

    O acceso

    O atacante entra sen facer ruído. Se non hai dobre factor, nada o frea.

  3. 3

    O uso

    Le correos, crea regras para agochar mensaxes, pide pagamentos a clientes ou rouba información.

Sinais para detectalo

  • Avisos de inicio de sesión desde lugares ou dispositivos descoñecidos
  • Correos en «enviados» que ninguén escribiu
  • Regras de reenvío ou de borrado que ninguén creou
  • Clientes que reciben mensaxes raras desde a vosa conta

Como protexerte

  • Activar o dobre factor no correo e nas aplicacións clave
  • Usar un xestor de contrasinais e non repetilos
  • Revisar se os vosos correos aparecen en filtracións coñecidas
  • Pechar sesións e cambiar contrasinais cando alguén marcha

Se xa pasou

Cambia o contrasinal, pecha todas as sesións, revisa as regras do correo e activa o dobre factor. Avisa os clientes se puideron recibir mensaxes falsas.

Seguinte paso

Cantos destes riscos ten a túa empresa agora mesmo?

Fai o test de ciberseguridade e descobre o teu nivel de exposición en 3 minutos. Obtés a túa puntuación coas áreas de maior risco, sen rexistro.

Facer o test de ciberseguridade

Gratis · Sen rexistro · 3 minutos