Documentos e datos persoais
Nóminas, expedientes e datos de clientes pasan cada día por correos, cartafoles compartidos e dispositivos. Ensinamos a tratalos con coidado e a cumprir o básico da protección de datos.
O teu equipo aprende a
Compartir e gardar documentos con datos de clientes cumprindo o básico da protección de datos (RGPD).
Que traballamos
- Como compartir documentos de forma segura
- Cartafoles e ligazóns abertos «a calquera»
- Que pide o RGPD no día a día
- Que facer se un documento acaba onde non debe
Un cartafol con nóminas compartido con «calquera que teña a ligazón».
Á medida da túa empresa
Adaptamos os exemplos ao voso sector, ás ferramentas que usades e aos postos do equipo. A duración e o calendario, tamén.



