Fraudes e enganos
Facturas falsas e fraude do CEO
Un correo que anuncia un cambio de conta ou unha petición urxente dun directivo pode custar moito diñeiro. Aprendemos a comprobar antes de pagar, cun procedemento sinxelo que todo o equipo coñece.
O teu equipo aprende a
Comprobar calquera cambio de conta ou pagamento urxente antes de facelo, aínda que pareza que o pide alguén de dentro.
Que traballamos
- Como funcionan a fraude do CEO e a da factura falsa
- Sinais de alarma: présas, secretismo e cambios de conta
- Como verificar un cambio de datos bancarios por outra canle
- Un procedemento de pagamentos claro para administración
Un provedor habitual avisa por correo de que cambiou de conta xusto antes de pagarlle.
Á medida da túa empresa
Adaptamos os exemplos ao voso sector, ás ferramentas que usades e aos postos do equipo. A duración e o calendario, tamén.
Outras formacións
Todas as formacións
Fraudes e enganos
Chamadas, SMS e WhatsApp
Detectar quen se fai pasar polo banco, o soporte técnico ou un directivo por teléfono ou por mensaxe.
Ver a formación
Fraudes e enganos
Correos falsos e phishing
Recoñecer un correo trampa aínda que pareza do voso banco, dun provedor ou dun compañeiro.
Ver a formación
Intelixencia artificial
Uso seguro da IA
Saber que información nunca se pega en ChatGPT, Copilot ou outras ferramentas, e como usalas sen risco.
Ver a formación
