Uso seguro da IA
As ferramentas de IA aforran tempo, pero o que se pega nelas pode saír da empresa. Ensinamos a usalas ben, sabendo que datos non se deben compartir nunca.
O teu equipo aprende a
Saber que información nunca se pega en ChatGPT, Copilot ou outras ferramentas, e como usalas sen risco.
Que traballamos
- Que pasa coa información que se pega nunha IA
- Datos que nunca se deben compartir: clientes, nóminas, contratos
- Contas corporativas fronte a contas persoais
- Como aproveitar a IA de forma segura no día a día
Pegar un contrato ou unha nómina nunha IA para «resumilo rápido».
Á medida da túa empresa
Adaptamos os exemplos ao voso sector, ás ferramentas que usades e aos postos do equipo. A duración e o calendario, tamén.



