Deepfakes e fraudes con IA
A IA fixo as fraudes máis cribles: correos sen faltas, voces clonadas nun audio e vídeos que parecen reais. Ensinamos a desconfiar do que soa ben e a verificar antes de actuar.
O teu equipo aprende a
Recoñecer voces clonadas, vídeos falsos e correos escritos con IA, que xa non teñen faltas de ortografía.
Que traballamos
- Voces clonadas e audios falsos de directivos
- Vídeos e videochamadas manipulados
- Correos e mensaxes perfectos escritos con IA
- Unha regra sinxela: verificar por outra canle antes de pagar ou compartir
Un audio de WhatsApp coa voz do xerente pedindo un pagamento urxente.
Á medida da túa empresa
Adaptamos os exemplos ao voso sector, ás ferramentas que usades e aos postos do equipo. A duración e o calendario, tamén.



