Que facer se algo vai mal
Calquera pode equivocarse. O importante é saber que facer nos primeiros minutos: a quen avisar, que non tocar e como evitar que o problema medre. E que avisar non dea medo.
O teu equipo aprende a
Actuar ben nos primeiros minutos tras un clic ou unha fraude: que facer, que non tocar e a quen avisar.
Que traballamos
- Que facer tras un clic ou un contrasinal escrito onde non debía
- A quen avisar e como
- Que non facer para non empeoralo
- Un protocolo sinxelo que todo o equipo coñece
Alguén escribiu o seu contrasinal nunha páxina falsa e non sabe se dicilo.
Á medida da túa empresa
Adaptamos os exemplos ao voso sector, ás ferramentas que usades e aos postos do equipo. A duración e o calendario, tamén.



